Foto de MAChRemo
O Club de Remo Chapela organiza esta domingo 1 de marzo no Paseo de Cardona a XXI edición do Memorial Don Francisco Alonso Loureiro “Paco Fenosa”. A partid das 11:00 horas da mañá sairán ao mar embarcacións de toda Galicia nas categorías masculina, feminina, base e veteranos.
A regata, supervisada pola Federación Galega de Remo, arrinca ás 11:00 horas coas categorías veteranos, base, remo ocio e mixtas (percorrido de 4.000 metros), mentres que as categorías senior feminina e masculina saen ás 11:30 horas para disputar os 5.500 metros oficiais.
Trátase dunha proba en formato contrarreloxo e entregaranse dúas bandeiras as tripulacións sénior con mellores tempos, feminina e masculina . Unha cita clásica do remo galego que rende homenaxe a Paco Fenosa, histórico presidente do club, e que reúne a multitude de afeccionados no paseo marítimo de Chapela.










