A carreira, que ten unha distancia de 26 kilómetros, desenvolverase o 19 de abril con saída no castelo de Sobroso en Mondariz e chegada ao Castelo de Soutomaior. Ademais da proba deportiva celebrase unha andaina para toda a familia de 8,7 km e unha carreira infantil (6-12 anos) na contorna da fortaleza de Soutomaior. As inscricións son de balde e están xa aberta na páxina oficial (https://trailentrecastelosriasbaixas.com) ou a través de Turismo Rías Baixas (aforo limitado). Unha proposta de Deputación de Pontevedra que busca consolidar a provincia como un destino turístico ligado ao deporte.
O trail “entre Castelos Rías Baixas” é unha proposta única en España que conectará a través dunha carreira a pé de case 26 quilómetros as dúas fortificacións. O presidente da deputación Luis López presentou esta proba nun acto no que estivo acompañado polas directoras de turismo e deportes, Romina Fernández e Xisela Aranda, e o alcalde de Soutomaior, Manu Lourenzo.
Trátase dunha proba deseñada para o desfrute en familia de todo tipo de deportistas, xa sexan afeccionados ou experimentados. O trail, que terá ligar o domingo 19 de abril, dispón dun percorrido de 25,7 quilómetros con saída desde o Castelo de Sobroso (Mondariz) e chegada no Castelo de Soutomaior cun percorrido que atravesará espazos naturais de alto valor ecolóxico e paisaxístico.
Ademais da carreira principal, haberá eventos complementarios ao longo de toda a fin de semana como unha andaina popular de 8,7km, que terá lugar o domingo na contorna da fortaleza de Soutomaior, unha carreira infantil para menores de 6 a 12 anos prevista para o sábado, así como obradoiros de animación infantil e food trucks ao longo da fin de semana. O prazo de inscrición ábrese este xoves, 26 de febreiro, a través das páxinas oficiais da proba ou de Turismo Rías Baixas. A participación é gratuíta, pero as prazas están limitadas a 500 corredores para o trail, 300, para a andaina; e 200, para a carreira infantil.









