Hoxe é Mércores 25 de Febreiro de 2026
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Redondela destinará máis de 400.000 euros a humanizar a contorna do CEIP Porto Cabeiro

reforma 1

A intervención busca transformar a contorna do Colexio gañando espazo para os peóns. Así, o proxecto presentado polo goberno local permitirá recuperar case 3.000 metros cadrados para uso peonil avnanzando na estratexia municipal para implantar Camiños Escolares Seguros. As obras financiaranse con fondos propios do concello previa aprobación no pleno.

Cun orzamento de licitación de 401.700 euros, a actuación transformará a Estrada de Porto Cabeiro e o Camiño do Campiño para priorizar a seguridade dos escolares e o benestar da veciñanza. Digna Rivas explica que a situación actual é “insostible” para a comunidade educativa, con beirarrúas de apenas un metro de ancho e un tráfico constante de vehículos pesados que acceden ás naves lindeiras, o que fai que o acceso ao colexio supón un risco diario.

Situación que mudaría con este proxecto que abrangue unha superficie de 2.835 m², contempla a transformación radical do viario mediante dúas solucións técnicas: por unha banda unha plataforma única na Estrada de Porto Cabeiro cun espazo amplo e seguro arredor do CEIP, o Parque Infantil Luis Seoane e a parcela dotacional municipal, con novo mobiliario urbano e arborado; por outro lado o calmado de tráfico no Camiño do Campiño, cunha plataforma elevada onde a velocidade se limitará a 10 km/h, garantindo unha senda peonil de 2,5 metros de ancho.

Con esta obra, Redondela non só mellora as infraestruturas de Cabeiro e Vilar de Infesta, senón que pon os cimentos para implementar os Camiños Escolares Seguros, fomentando hábitos de vida saudables dende a escola.

Desde o goberno local explican que esta actuación será financiada con fondos propios do Concello, a través do remanente, para o que se levará ao pleno ordinario deste mes de febreiro o próximo xoves día 26.

Mellora da seguridade viaria desde a N-555 ata o camiño do Campiño

Este proxecto da contorna do CEIP Porto Cabeiro completa a mellora da seguridade viaria que xa está contemplada desde a N-555 e o camiño do Campiño. Esta renovación integral da estrada permitirá incluír un paso peonil seguro para facilitar o acceso ao colexio con beirarrúas nunha das marxes da vía. Tamén se incluirán elementos vexetais ao longo do trazado. Os traballos licitaranse por un importe superior aos 530.000 euros dentro do plan +Provincia financiado pola Deputación de Pontevedra.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará