Hoxe é Mércores 25 de Febreiro de 2026
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Chapela mantense no liderado da zona sur de bateis

640266942_1505812371549083_368861983712851763_n

Fotos de Remeirando

O Club de Remo Chapela-Wofco sumou unha nova vitoria na Liga de Bateis Zona Sur ao proclamarse campión da XVI Bandera Concello de Bueu, disputada este fin de semana en aguas do Morrazo.

Xunto con Tirán-Pereira, os remeiros de Chapela dominaron o medalleiro da xornada con sete vitorias cada un, entre elas tres medallas de ouro no caso do Chapela-Wofco (empatados con Samertolaméu-Oversea no número de ouros). Esta actuación reforza o seu liderado na clasificación xeral da liga, mantendo o trono compartido co club de Tirán, mentres Samertolaméu-Oversea se consolida como un serio aspirante.

O CCD Cesantes destacou na proba coa súa base conseguindo o terceiro posto en alevín, mentres que na absoluta masculina quedaron décimos.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará