A SAR OPmobility logrou unha importante vitoria na Primeira Autonómica Masculina de balonmán galego. Na súa visita a A Coruña, impúxose ao Balonmán Liña21 por 27-30, colocándose na segunda posición da clasificación con 25 puntos.
O partido foi moi disputado desde o inicio, con alternancias constantes no marcador e gran igualdade (8-8 no minuto 18). A primeira metade mantívose intensa, chegando ao descanso cunha lixeira vantaxe para os visitantes (14-16).Tras o paso polos vestiarios, os locais reaccionaron e chegaron a poñerse por diante (21-18, min 39). Con menos de dez minutos por xogar e un 25-24 no electrónico, o encontro estaba aberto. Foi entón cando a SAR OPmobility mostrou o seu mellor nivel e contivo aos rivais ata o definitivo 27-30.
A próxima xornada recibirán no seu pavillón ao Noroplaza Atlántico.
Na mesma categoría, o Balonmán Chapela tamén sumou ao vencer ao Bueu Atlético BM por 35-31 e sitúanse de sextos na clasificación tras catro vitorias consecutivas e 20 puntos acumulados. O encontro tamén estivo moi igualado, pero conseguiron chegar a metede do tempo cunha vantaxe de dous goles (14-12) e mantiveron o liderado ata o resultado definitivo ampliándoa con catro goles nos últimos cinco minutos.
A proxima xornada visitan o Seis do Nadal, terceiro clasificado.









