Hoxe é Martes 24 de Febreiro de 2026
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

SAR Rodavigo vence ao Perdoma e suma tres vitorias consecutivas

641068218_1487030586765197_7817380827937386597_n

SAR Rosavigo de viaxe a Tenerife

En División de Honor Prata Feminina, as mozas da SAR Rodavigo conseguiron unha clara vitoria na súa visita a Tenerife fronte ao Balonmán Perdoma, colista do grupo, por 25-32.

O encontro comezou igualado, pero as locais abriron pequenas diferenzas (11-7, min 17) e chegaron ao descanso con vantaxe (18-15). Tras a reanudación, as redondelás saíron con máis intensidade e firmaron un parcial espectacular de 0-6 que deu a volta ao marcador (18-21). A partir de aí, asumiron o control co seu xogo colectivo e foron ampliando progresivamente a diferenza ata o contundente resultado final.

Dous puntos moi merecidos que regresan a Redondela. A próxima xornada disputarán un duelo clave fronte a un rival directo na loita polo quinto posto, o BM Sanse, na Bomboneira.

Segunda Autonómica

Na Segunda Autonómica Feminina o Balonmán Chapela venceu con autoridade ao CP Lucense por 13-29. As xogadoras dominaron desde o inicio e mantiveron unha vantaxe ampla durante todo o encontro. Na vindeira xornada reciben ao Balonmán Tui.

Pola contra, As Choqueiras de Redondela caeron na súa visita ao BM Arousa por 31-26. As locais non puideron sumar e a próxima fin de semana reciben ao Lavadores Vigo B.

A SAR Impernoroeste descansou esta fin de semana, pero lembramos que no ultimo encontro sumaron vitoria contra o Balonmán Tui e impuxéronse con claridade por 29-14.  O 1 de marzo visitan ao segundo clasificado, o BM Bueu Atl.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará