Hoxe é Martes 24 de Febreiro de 2026
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

“Goza do teu punto G”: Soutomaior impulsa o galego cunha axenda repleta de humor e teatro

punto g foto

A campaña de normalización lingüística proposta polo concello achega monólogos, teatro e espectáculos familiares no Multiúsos de Arcade a partir deste 27 de febreiro. A programación arrancará co monólogo “Orille” de Pepo Suevos este venres ás 20:30 horas. Todos as actividades enmarcadas dentro do ciclo “Goza do teu punto G son de balde.

O alcalde de Soutomaior, Manu Lourenzo, e a técnica de Cultura do Concello, Sonia Pintos, presentaron unha programación que busca animar a toda a veciñanza a gozar das principais referencias artísticas do país cunha axenda municipal que inclúe espectáculos teatrais dirixidos ao público adulto, á mocidade e ao infantil familiar.

Unhas propostas que chegarán da man de grandes compañías como Ibuprofeno Teatro, Excéntricas, Gallaecia Eventos, A Covas da Letras, Galitoon. Tamén aterrarán en Soutomaior monologuistas da talla de Pepo Suevos, Oswaldo Digón, Aratxa Treus e Jazmín Abuín, Quico Cadaval, Evaristo Calvo ou Leti da Taberna ou narradoras orais como Vero Rilo.

Todos estes espectáculos serán de balde ata completar o aforo, o espazo onde se celebrarán estas citas coas artes escénicas será o Multiúsos de Arcade.

Un calendario de actuacións que comezará xa este venres 27 de febreiro co monólogo ORILLE de Pepo Suevos. Unha cita que dará comezo ás 20:30h., apertura de portas ás 20:00h.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará