Hoxe é Martes 24 de Febreiro de 2026
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Cuni Orge releva a Dani Virulegio ao fronte do Centro Recreativo e aposta por unha apertura total

nova directiva

Nova directiva do Centro Recreativo

O Centro Recreativo e Cultural de Redondela vén de renovar a súa directiva. Cuni Orge será o novo presidente relevando no cargo a Dani Virulegio tras más de 10 anos ao fronte da entidade. A nova directiva márcase como obxectivo abrir o centro a toda a sociedade redondelá e incrementar a súa oferta lúdico cultural.

 “Queremos que o Centro Recreativo, sendo una entidade privada, non sexa exclusivo para os seus socios. O acceso á cafetería xa é libre e queremos mantelo e amplialo. Tamén estamos estudando novos espazos de libre acceso, como unha sala de estudo”, explica Cuni Orge, novo presidente do CRC.

A nova directiva está formada por un total de 10 persoas. Acompañan a Cuni Orge, Uxía Vilas na vicepresidencia; Beti Blanco como tesoureira e Rebeca Barros que exercerá de secretaria. Completan a directiva seis vogais: Javi Devesa, Marina Casal, Rodrigo Rafael, Jacobo Barros , Daniel Boullosa e David Costas.

A renovación tivo lugar o pasado venres, 20 de febreiro nunha asemblea que serviu tamén para agradecer unanimemente o equipo directivo saínte que, con Daniel Virulegio ao fronte, estiveron dirixindo a entidade de xeito ininterrompido dende o ano 2015 ata o de agora.

Obxectivos

O obxectivo primeiro da actual directiva é manter e potenciar as actividades que xa se desenvolven actualmente no Centro: pilates, ballet, ioga, danza moderna, ximnasio, aula de reforzo e pintura. A partir de aí, os seus esforzos centraranse en ofrecer novas actividades buscando captar novos usuarios, nomeadamente entre o público máis novo, pero tamén en colectivos con necesidades especiais como poden ser os maiores.

Asemade, a nova directiva é consciente da nula oferta actual que o Centro propón nas fins de semana. O obxectivo máis ambicioso é recuperar ao Centro como núcleo da vida social de Redondela, como sucedía nas décadas dos 80 ou 90 do século pasado, pero actualizando a súa oferta lúdico cultural ás necesidades da sociedade actual.

Cuni Orge pon tamén en valor os principais activos da entidade “unha masa social de máis de 500 persoas e un edificio en pleno centro da vila na avenida Ernestina Otero que dispón de máis de 2.000 metros cadrados repartidos en 6 plantas”.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará