Hoxe é Martes 24 de Febreiro de 2026
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Chapela celebra a Rosalía con flores, gastronomía e apoio ao comercio local

aer chapela

A Asociación de Empresarios de Redondela xunto co Servizo de Normalización Lingüística poñen en marcha a campaña “Chapela: Unha fiestra aberta ao mar”, unha iniciativa que une cultura, gastronomía e dinamización comercial en torno a figura de Rosalía de Castro e na que participan unha treintena de negocios da parroquia.

A campaña combina actividades culturais e propostas gastronómicas inspiradas na obra de Rosalía de Castro e busca fortalecer a identidade e o comercio na parroquia converténdose nun evento anual de referencia enmarcado no reto da Semaniña enteira dedicada a promover o uso da lingua galega.

Co obxecto de atraer público da propia parroquia, de Redondela, de Vigo e da contorna, creando un ambiente festivo que incentive o consumo local, a Semana de Rosalía converterase nun escaparate da vitalidade económica da parroquia e nunha oportunidade para que veciñanza e visitantes redescubran o seu tecido empresarial, no que participan case 30 establecementos.

Uns establecementos que estes días locen una decoración especial con grandes flores evocadoras da camelia como símbolo de identidade da campaña.

Pola súa banda, os locais de hostalaría achegan “literarias propostas gastronómicas” cunha clara evocación á obra de Rosalía como por exemplo o prato “Sombra negra” presentado por o Restaurante A Chabola que ten ao choco de Redondela como protagonista. Pódense degustar as propostas dun total de 7 establecementos hostaleiros durante toda esta semana.

Evento chamado a consolidarse

A Asociación de Empresarios subliña que esta primeira edición é só o inicio dun proxecto máis amplo, pensado para medrar ano tras ano e consolidarse como unha cita fixa no calendario cultural da comarca.

A Asociación traballa desde hai décadas para apoiar o tecido empresarial do municipio, promovendo campañas de dinamización, formación e visibilidade que contribúan ao desenvolvemento económico e social de Redondela e das súas parroquias, é esta é unha mostra máis do compromiso co tecido empresarial de Chapela.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará