Un galpón anexo a unha vivenda ardeu ás 4:15 horas da madrugada de hoxe tras prender lume por causas que se descoñecen. Segundo explican dende a Policía local foi o propietario do inmoble, situado no camiño Fonte do Cocho en Eira Pedriña, quen alertou aos servizos de emerxencia dun lume nun galpón no que almacenaba leña e outros enseres.
Ata o lugar desprazouse unha patrulla da policía Local quen coa axuda do propio propietario da vivenda foron quen de sufocar o lume. Ata o lugar tamén se desprazaron bombeiros de Mos sen que fora necesaria a súa intervención, xa que a súa chegada o lume estaba xa apagado.
Investíganse as causas do suceso que podería deberse a un cortocircuíto ou a unas brasas que quedaron mal apagadas e que se reactivaron de madrugada.









