Na Rúa Estación en Chapela está previsto investir máis de 90.000 euros
O plan de investimento en camiños municipais recolle obras nas trece parroquias do Concello e será debatido no pleno que se celebra este xoves. O obxectivo desta proposta é renovar e pavimentar un total de 68 camiños moi deteriorados que presentan un problema de seguridade para vehículos e peóns. As actuación foron consensuadas nos Consellos Parroquiais polos propios representantes veciñais”. A partida ascende a 2.759.339 euros que se financiarían con fondos propios do Concello.
O goberno local de Redondela levará ao pleno ordinario de febreiro un ambicioso plan de investimento nos camiños municipais por importe de 2,7 millóns de euros. O plan, realizado polos servizos técnicos municipais, inclúe a renovación, mellora e acondicionamento de 68 camiños municipais nas 13 parroquias. As obras serán financiadas con fondos propios do Concello do remanente de Tesourería de 2025, que ascende a 5,6 millóns
Algunhas das actuacións máis destacadas serán na rúa Estación en Chapela, o camiño da Milixosa en Cabeiro; o camino do Casal en Reboreda, a Subida a trasmañó ou o Camiño do Quintán en Cedeira, todos eles con investimentos superiores ou próximos aos cen mil euros. No centro da vila acometeranse tamén obras que afectará ao Paseo Pexegueiro, Esfarrapada, Pai Crespo e José Regojo.
O plan de actuación recolle melloras na accesibilidade, seguridade viaria, a drenaxe e evacuación de augas pluviais, estabilización de noiros e muros e unha maior cohesión territorial. Rivas sinala que se trata dunha inversión “extraordinaria” e que as obras responden a melloras necesarias nos camiños en cada unha das parroquias”.
O concelleiro de Infraestruturas e Sostibilidade, Roberto Villar, sinala que este programa de actuacións “está baseado nas demandas recollidas ao longo dos últimos anos nas sesións de todos os Consellos Parroquiais”. O programa inclúe actuacións en todas as parroquias, “polo que se garante un reparto equilibrado do investimento”.
Ante a unanimidade dos Consellos Parroquiais para apoiar estas inversións, o goberno local confía en que o Pleno da Corporación “ratifique esta proposta”.









