Hoxe é Luns 23 de Febreiro de 2026
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

“Os da caña” fanse con primeiro premio no desfile de comparsas de Redondela

comparsa 1

Comparsa gañadora: Os da caña

A fantasía presentada pola comparsa de Marín foi a gañadora dun desfile que por primeira vez se celebraba en horario matinal e congregaba en Redondela a milleiros de persoas que non quixeron perderse esta cita final do entroido. Os da caña recibían así os 900 euros do primeiro premio mentres que a comparsa redondelá de Trazos “Reinventando o pais das marabillas” levouse o segundo premio dotado con 600 euros. O terceiro de 300 euros foi para a comparsa viguesa  “Os da casa” coa súa proposta “sabores do mundo”.

Fin de semana intensa coas celebracións do Entroido en Redondela e Soutomaior. Unha festa que logo de numerosas incidencias polo mal tempo despediuse con sol e moita animación nas rúas.

En Chapela o Enterro do Berete celebrado na tarde noite do sábado congregou centos de veciños que animados polo bo tempo saíron a acompañar o peixe na súa última viaxe ata arder na praia de Arealonga onde se viviu un espectáculo de fogos de artificio que rematou coa actuación da orquestra América de Vigo. En Redondela este domingo foron as comparsas as protagonistas que encheron de cor as rúas do centro da vila nunha mañá solleira.

Os veciños de Chapela gozaron así na tarde do sábado dunha xornada festiva na que debía ser a última cita do Entroido. Moita festa e animación con comparsas que animaban as rúas coas súas carrozas e músicas festeiras e que acompañaron ao Berete na súa derradeira viaxe, dende o Alto da Encarnación ata a praia de Arealonga onde quedou reducido a cinzas.

Unha festa que se retomou na mañá deste domingo nas rúas do centro de Redondela coa celebración do desfile de comparsas no que participaron un total de 14 agrupacións. O xurado outorgou o primeiro premio a Os da Caña, en segundo lugar quedou a comparsa local de Trazos e resultaron merecedores do terceiro galardón os da casa. Houbo premio tamén á inclusión que recaeu na comparsa presentada pola Asociación Andaina mentres que o premio mocidade foi para a comisión de festas de Cepeda.

Comparsa Trazos “Reinventando o pais das marabillas”
Comparsa Os da casa “Sabores do mundo”

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará