Hoxe é Luns 23 de Febreiro de 2026
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O Pazos FS despídese do play off nunha fin de semana na que só o Redondela FS logra a vitoria

pazos

Na terceira división achegámonos ao campo municipal de A Gándara a onde esta fin de semana desprazábase o equipo de Pazos de Borbén. Explican dende o club que “uns pésimos tres minutos no ecuador da primeira metade, cando o equpo de Pazos encaixou 4 goles puxeron o partido moi costa arriba”. Os xogadores reaccionaron e realizaron unha boa segunda parte pero non conseguiron remontar un marcador en contra ante un equipo naronés que tivo unha moi boa actuación no campo.

Narón 5-3 Pazos de Borbén

O club confirma que situados nunha novena praza o obxectivo do play off ponse practicamente imposible. Agora o obxectivo máis inmediato e factible é asegurar a permanencia o antes posible, xa que os equipos de abaixo suman e os arrastres de Segunda B farán que 5 ou incluso 6 equipos perdan a categoría.

Na vindeira semana os de Pazos xogan na casa, reciben ao SD Outeiro de Rei.

Achegámonos tamén a Preferente onde militan tres equipos da bisbarra. Só o Redondela lobraga a vitoria nun partido disputado no campo do Valadares.

Valadares 4- 6 Redondela

Unha vitoria que sitúa aos de Redondela na sexta praza da categoría. Unha posición que deberán defender na vindeira semana na casa e contra un rival directo, o Pizarras los tres cuñados, quintos do grupo.

Campito 1-2 A quinta de tui

Peor sorte correu o Campito que, malia xogar en Chapela, caía pola mínima ante A Quinta de Tui. Situados na décima praza do grupo teñen na vindeira semana unha cita complicada, xa que xogarán na casa do terceiro, o Abertos Gondormar.

Pecheches 7-1 Pazos B

Moi complicada a situación do filial do Pazos de Borbén que se sitúa na décimo terceira praza da categoría logo dunha avultada derrota esta fin de semana na súa visita ao campo do Pecheches. Na próxima semana reciben en Pazos ao Baíña.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará