Foto de arquivo de Xeila Fervenza
Xornada vibrante nas ligas galegas de fútbol afeccionado, marcada por empates valiosos e vitorias contundentes. O CD Choco estreou adestrador cun empate clave (2-2) fronte ao Portonovo en Preferente, mentres o Atlético de Villar mantense invicto na Terceira Galicia con un rotundo 0-3 ao CD Coia, consolidando o seu liderado.
Preferente
PORTONOVO S.D. – C.D. CHOCO (2-2)
Empate valioso do Choco no campo do Portonovo, onde o equipo estreou ao novo adestrador Álvaro Soto. O punto sumado representa un paso clave para seguir distanciándose dos postos de descenso, marcando un posible xiro na traxectoria do conxunto. Con este resultado, o equipo colócase na décimo terceira posición da táboa, gañando un respiro na loita pola permanencia. Na próxima xornada, o Choco recibe ao C.P. Alertanavia, actual décimo cuarto e rival directo que tamén precisa puntos con urxencia para evitar complicacións. Un duelo crucial que podería consolidar esta mellora de dinámica.
Primeira Galicia
C.D. ARCADE – ABANQUEIRO S.D (1-1)
Empate na casa do Arcade fronte ao Abanqueiro. Mantéñense na novena posición con 30 puntos. A vindeira xornada visitan ao CD Ribadumia, actual líder da categoría.Segunda Galicia
CERPONZONS C.F. – C.D. SOUTOMAIOR (2-3)
Gran vitoria a domicilio do Soutomaior (2-3) no campo do Cerponzons. Con 35 puntos, sitúanse terceiros na clasificación, en plena zona de play-off. Está a ser unha tempada moi sólida con opcións reais de ascenso.
Próxima xornada: reciben ao Dorrón CF (na metade da táboa).
Terceira Galicia – Grupo Pontevedra
C.D. CESANTES – C.E.D. COTOBADE (3-0)
Nova vitoria contundente do Cesantes (3-0) ante o Cotobade. Este resultado afíanza a segunda praza e mantén ao equipo firme na zona de ascenso con 41 puntos.
A próxima xornada descansa.
Terceira Galicia – Grupo Vigo
CHAPELA – AD LAVADORES (0 – 0)
Empate sen goles na casa do Chapela. Suman un punto máis (xa van 39) e colócanse moi preto da zona de play-off de ascenso.
Na vindeira xornada reciben ao Racing Castrelos F.C. “B” (noveno na clasificación).
CD COYA –ATLÉTICO DE VILLAR (0-3)
Na mesma categoría e grupo, o Atlético de Villar segue intratable como líder. Gañou 0-3 ao CD Coia e acumula 51 puntos, oito máis que o seu inmediato perseguidor (CD La Guía, segundo).
O Villar aínda non coñece a derrota esta tempada: leva 7 vitorias e 3 empates. Próxima xornada: reciben ao CD Nieto (11º na táboa).









