Foto de arquivo de Xeila Fervenza
A Copa Deputación de Pontevedra de Afeccionados segue os seu courso coas primeiras eliminatorias.
CELTA ACADEMY – C.D. CHOCO (1-2)
O C.D. Choco visitou o campo da Madroa para enfrontarse ao Celta Academy e logrou unha vitoria por 1-2. Os goles foron obra de Alexander Gil e Daniel Suárez, o que lle permite ao equipo avanzar na competición. O próximo desafío para o Choco será nos oitavos de final contra o Gondomar, o mércores 19 de marzo no Campo Municipal de As Gaiandas.
Por outra banda, o club anunciou en redes sociais unha noticia que deixa sabor agridoce: o adestrador Alberto Rabadán e todo o seu corpo técnico deixan o equipo. Desde o C.D. Choco quixeron despedirse con gratitude: “Outra despedida das que non gusta. Un corpo técnico que chegou a Santa Mariña con ilusión e ganas de traballar e, o mellor, cunha calidade humana das que deixan pegada. Só temos palabras de agradecemento pola vosa implicación e traballo, e por entender desde o primeiro minuto o que significa ‘sentimento choqueiro’. Os camiños sepáranse, pero sabemos que é un ata pronto: Santa Mariña sempre será a vosa casa”. Agora toca esperar para coñecer quen será o novo primeiro adestrador.
C.D. SOUTOMAIOR – XUV. SISAN C.F. (3-0)
No Campo Graciano Padín, o C.D. Soutomaior impúxose con claridade ao Xuventude Sisán por 3-0. Os tantos leváronos Víctor Tadeo, Hugo e Iván, o que confirma o pase do equipo local á seguinte rolda. De momento, aínda non se coñece o rival que lle tocará enfrontar nos oitavos.









