Hoxe é Venres 20 de Febreiro de 2026
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Educación, deporte e comercio unidos polo galego “unha semaniña enteira”

semaniña entenria

A iniciativa “unha semaniña enteira” xurdida no ámbito dos centros educativos suma nesta edición clubs deportivos, asociacións, comercio e bibliotecas para promover o uso do galego entre a mocidade na semana na que se celebra o Día de Rosalía. Chapela daba na mañá de hoxe o pistoletazo de saída a unha programación que inclúe teatro, concertos, conferencias e charlas.

O IES Chapela acolleu esta mañá a presentación dos actos vencellados á celebración do Día de Rosalía. Un ano máis ponse en marcha o reto “Unha semaniña enteira”, unha iniciativa impulsada polos institutos de Redondela á que se suma o Concello de Redondela e cada vez máis sectores da sociedade.

Este reto promove o uso do galego oral durante as 24 horas do día, os sete días da semana, do 20 ao 27 de febreiro. Participa toda a comunidade educativa do municipio, tanto centros de Infantil como de Primaria e Secundaria. Para arroupar esta campaña o Concello distribuirá 3.500 chapas feitas pola Asociación Lenda de Saúde Mental.

Como en edicións anteriores súmanse a esta iniciativa os clubs deportivos e nesta ocasión involucrouse en maior medida ao comercio e a hostalaría en colaboración coa Asociación de Empresas. Repartiranse 1.000 bolsas de papel co logo de Rosalía destinadas aos establecementos de Chapela, e tamén marcapáxinas e unha camelia.

Durante toda a semana, a hostalaría participante ofrecerá pratos relacionados con Rosalía, a súa obra ou inspirados na súa literatura. Os comensais que acudan a estes establecementos poderán optar a un sorteo do libro “Rosalía e a cociña”.

Rivas agradeceu a implicación de todos os colectivos neste reto “para fomentar entre todos e todas o uso do galego entre a infancia e a mocidade”.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará