Hoxe é Mércores 18 de Febreiro de 2026
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Claudia Bedoya, especialista en saúde dixestiva: “Diabetes e hipertensión son enfermidades estreitamente vinculadas á inflamación”

claudia

O Multiúsos de Arcade acolle este venres ás 20:00 horas unha chalar a cargo da especialista en saúde dixestiva e microbiota, Claudia Bedoya. Unha actividade enmarcada dentro do programa Eira de Actualidade que se centrará na  “Inflamación, metabolismo e dismetabolismo: claves para unha vida máis saudable”. Ademais de aclarar conceptos, explicar que é e por que se produce a inflamación achegará tamén consello para corrixir ou diminuír esta patoloxía.

A inflamación de baixo grado é unha resposta inmunitaria crónica e silenciosa que non presenta síntomas agudos, pero persiste no tempo. Impulsada pola obesidade visceral, dieta procesada, estrés e sedentarismo contribúa a enfermidade como diabetes tipo 2, trastornos cardiovasculares e metabólicos, tal e como nos explicaba Claudia Bedoya.

Ademais de aclarar que é a inflamación e as súas consecuencias, tamén se explicará as persoas asistentes que poden facer para recuperar o equilibrio e o benestar e pautas específicas para controlar dúas enfermidades crónicas moi presentes na poboación galega como son a hitertensión e a diabetes.

O afastamento da dieta mediterránea cara unha alimentación cargada de ultraprocesados así como un incremento do sedentarismo e o estrés diario, explicarían o impacto destas patoloxías que se detectas nunha porcentaxe cada vez maior da poboación e tamén en idades cada vez máis temperás.

Unha charla obradoiro para entender por que o corpo se inflama e coñecer recomendación de como recuperar o equilibrio e o benestar con pautas básicas como unha maior atención á alimentación incrementando os antiinflamatorio e fuxindo de certos alimentos (sal, azucres refinados, carnes vermellas ou graxas saturadas), fomentar o exercicio físico con actividade diaria e controlar o peso, evitar o tabaco e xestionar o estrés serían algúns dos puntos básicos para mellorar a nosa saúde.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará