Hoxe é Martes 17 de Febreiro de 2026
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

A SAR Rodavigo gaña o derbi contra o Porriño

635289870_1480562344078688_320749728144408185_n

División de Honra Prata

A SAR Rodavigo gañou ao BM Porriño por 24-21 nun derbi galego moi intenso xogado na Bomboneira. O partido comezou moi igualado (8-8 no minuto 20), pero antes do descanso as locais abriron brecha e foron 14-10. Na segunda metade mantiveron o control, xestionaron ben as pequenas vantaxes e pecharon a vitoria. Con estes dous puntos na casa, o equipo reforza o seu traballo e a próxima xornada viaxa a Canarias para xogar contra o Balonmano Perdoma.

Segunda Autonómica

A SAR Impernoroeste venceu con claridade ao Balonman Tui por 29-14 na Bomboneira. Saíron moi fortes e fixeron un 5-1 de entrada que marcou o partido. Ao descanso xa gañaban 14-6. Na segunda parte, aínda que houbo algo de desorde, mantiveron o dominio e ampliaron a diferenza ata o final. Con esta vitoria consolidan a terceira posición na clasificación. Descansan a próxima xornada e volven en marzo cun duro partido fóra contra o BM Bueu Atlántico, segundo clasificado.

O IES Obra Civil Balonman Chapela perdeu por 24-25 na casa contra o CDEC Lavadores Vigo B. As visitantes dominaron case todo o primeiro tempo e chegaron ao descanso gañando 12-15. Na segunda metade, Chapela apretou moito e estivo cerca de empatar, pero non puido remontar e caeu por un gol. Con este resultado baixa á cuarta posición con 13 puntos. A próxima semana xoga fóra contra o CP Lucense.

As Choqueiras de Redondela non xogaron esta xornada e tiveron descanso. Volven á competición o 21 de febreiro, cun partido fóra contra o BM Arousa.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará