Hoxe é Luns 16 de Febreiro de 2026
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Soutomaior pon en marcha o proxecto Aranza Accesible para acabar co illamento histórico do barrio

aranz

O proxecto contará con tres fases e un orzamento estimado de 300.000 euros. O obxectivo é dar resposta a unha demanda histórica deste barrio de Soutomaior e garantir así a accesibilidade ao maior número de vivendas posibles.

A empresa ENURCOIN foi a encargada de redactar o proxecto que pretende resolver esta situación co fin de que poidan acceder camións, ambulancias e outros vehículos de servizos e acabar así co illamento de moitas vivendas.

 O proxecto realizarase en tres fases e os representantes municipais manterán xuntanzas, visitas ao barrio e contactos directo con veciños para ver as posibilidades de cesións de terreos que permitan executar esta actuación. Un proxecto que o alcalde, Manu Lourenzo cualifica de “moi complexo polo que a sáu realización vai precisar da máxima colaboración das administracións, dos técnicos e da veciñanza”.

O obxectivo do Goberno Local é, que se todo se fai segundo o previsto, “poidamos comezar a ver resultados deste importante proxecto a finais deste 2026”.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará