Tres días a semana, os usuarios e usuarias da Cruz Vermella teñen unha cita nos obradoiros de memoria que realiza esta entidade. Uns talleres que serven ao participantes para exercitar a súa mente e previr o deterioro cognitivo a través de exercicios de memoria, atención e linguaxe. Con todo, esta actividade é tamén fundamental para combater a soidade á que se enfrontan moitas persoas maiores e convértense nun espazo de encontro e socialización.
Unha actividade que se fai en gran medida grazas á colaboración de persoas voluntarias como Pilar Pazos, quen asegura que traballar con maiores é especialmente gratificante.
A día de hoxe hai sete grupos de memoria activos e ao longo do pasado ano participaron 138 persoas nos diferentes horarios nos que se realiza a actividade, tanto de mañá como de tarde. Para facilitar a asistencia os grupos de memoria funcionan na sede da Cruz Vermella en Redondela, na Casa da Cultura, pero tamén en Chapela. Non se descarta abrir novos grupos no caso de que así se precise. Diana Freire, responsable da entidade no noso concello, anima a achegarse a esta actividade polos seus múltiples beneficios.
Aurea e Pura son algunas das usuarias deste obradoiros. Pura asegura que dende que vai a estes talleres ten avanzado moito grazas a eses exercicios que lles obrigan a activar a memoria.
Agradecen ese traballo cognitivo pero tamén a vertente social “estou esperando que chegue para estar coas compañeiras” explica Aurea.
Pilar Pazos pon en valor a labor dos voluntarios e Insiste en que “todo o mundo ten algo que aportar”. A a anima a veciñanza a formar parte do programa de voluntariado “non é preciso dispor de moito tempo, porque incluso se pode traballar de forma online, e nunca sobran más para axudar.










