Hoxe é Luns 16 de Febreiro de 2026
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

A humanización da rúa Manuel Rodríguez en Chapela creará unha ruta segura ao Colexio Laredo

chapela

A actuación na rúa Manuel Rodríguez Casal conta cun orzamento superior aos 663.000 euros e permitirá crear un acceso seguro ao alumnado do CEIP Laredo. O proxecto contempla transformar unha superficie de 3.400 m² que se converterá nunha plataforma única con medidas específicas para reducir a velocidade. Inclúe tamén incorporación de vexetación, iluminación eficiente e novo mobiliario urbano.

O proxecto de humanización da rúa Manuel Rodríguez Casal está incluído no Plan de Acción Integrado (PAI) da Axenda Urbana do Concello de Redondela e ten como obxectivo principal converter esta rúa de Chapela nun espazo que favoreza a autonomía dos máis cativos e garanta a seguridade peonil. Trátase dun plan que busca ofrecer “Camiños escolares seguros”.

A actuación abrangue unha superficie aproximada de 3.400 m² cunha plataforma única que contará con medidas específicas para reducir a velocidade do tráfico rodado e dar prioridade aos peóns.

A alcaldesa, Digna Rivas destacou desta intervención que busca que as nenas e nenos recuperen o seu dereito a camiñar sen medo cara ao colexio, fomentando hábitos saudables e devolvéndolle o protagonismo ás persoas fronte aos vehículos”.

Ademais de mellorar a seguridade viaria tamén se busca a mellora ambiental da contorna coa  incorporación de vexetación autóctona permitirá mitigar o efecto do cambio climático e favorecer a absorción de CO2, mellorando a integración paisaxística. A instalación de novo mobiliario urbano e iluminación LED eficiente completarán a reforma.

O orzamento total da intervención ascende a 663.000 para a creación do camiño escolar, a mellora ambiental e mobiliario. Este proxecto nace dun proceso de diálogo con diferentes axentes sociais onde se identificou a perda de autonomía da infancia como un reto urxente a abordar. A alcaldesa subliñou que esta obra en Chapela servirá como “modelo para futuras intervencións noutros colexios do municipio”.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará