O suceso produciuse poucos minutos antes das dez da mañá de hoxe sábado. O falecido, un varón de 55 anos de idade veciño da parroquia de Ventosela, traballaba nunha finca no monte pertencente á parroquia de Soutomaior. Segundo informa o 112 Galicia o home empregaba un guindastre para dirixir a caída dunha árbore que estaban cortando, máis a árbore acabou caéndolle enriba.
O suceso mobilizou de inmediato un operativo no que ademais dos servizos sanitarios, participaron a Garda Civil, a Policía Local de Redondela e os voluntarios de Protección Civil da Mancomunidade de Oitavén-Tea. Tamén foron alertados os Bombeiros do Morrazo, aínda que finalmente non foi necesaria a súa intervención.
Unha vez no lugar, os profesionais sanitarios só puideron confirmar o falecemento do home, Silvio Couñago, presidente da comunidade de montes de Ventosela.









