Hoxe é Venres 13 de Febreiro de 2026
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Rescatan un traballador que sufriu unha caída nas escaleiras dunha presa en Fornelos de Montes

112

Foi un particular quen, dez minutos antes das 14 horas, alertou ao 112 Galicia da caída dun traballador nunha das galerías dunha presa situada na parroquia de Calvos, en Fornelos de Montes. Este quedara nunha zona de escaleiras, de difícil acceso, e precisaba ser rescatado.

De inmediato, desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias solicitouse a acción de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, dos Bombeiros do Porriño, da Garda Civil e dos voluntarios de Protección Civil da Mancomunidade de Oitavén-Tea.

Unha vez no lugar, os bombeiros encargáronse do rescate mediante unha padiola, tralo que foi evacuado a un centro sanitario.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará