Hoxe é Xoves 12 de Febreiro de 2026
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Redondela queimará a Donald Trump no Entroido

meco1

Nun ano marcado polas políticas “imperialistas e racistas” do presidente estadounidense, o Entroido redondelán queimará a Donald Trump por representar “o desprezo aos dereitos humanos máis básicos”. A Queima do Meco será o Martes de Entroido ás 19:00 horas e chegará precedidas polas actividades que a programación do carnaval ten previsto para esta fin de semana, con actividades para o público máis novo durante a tarde do sábado na Alameda, concerto baixo a carpa instalada no Campo da Feira a cargo de La Formula e destile de comparsas o domingo se o tempo o permite.

O Meco, obra do artista local Rubén Casal, representa a Donald Trump montado nun mísil nuclear. Unha figura que xa se pode ver na praza do Concello e que será reducida a cinzas o vindeiro martes co obxecto de queimar “ao máximo expoñente da extrema dereita e o fascismo moderno”.

O Concello xustifica esta elección como un acto de repulsa ante as cruentas redadas do ICE e a sistemática persecución da poboación inmigrante baixo a administración Trump. A memoria das vítimas de Minneapolis e a persistencia do racismo institucionalizado son eixos centrais dunha queima que busca purificar, a través do lume, o odio sementado polas políticas supremacistas. Redondela alza a voz contra o que cualifica como un “imperialismo sen complexos”, exemplificado na intención de Trump de anexionar Groenlandia e o seu papel determinante no mantemento do xenocidio en Gaza.

“Queimar a figura de Trump é queimar o fascismo, a xenofobia e a guerra. É unha aposta simbólica por un mundo onde a vida estea por riba dos intereses xeopolíticos” sinala a alcaldesa Digna Rivas.

A tradicional queima será o Martes de Entroido, o día 17, ás 19.00 horas, na praza do Concello. “Hexagonum”, de Troula Animación, será o espectáculo que dea paso ao lume con pasarrúas de marionetas xigantes, proxeccións audiovisuais, pirotecnia e lume. A festa continuará pola noite co concerto da Mekánica Rolling Band, unha das agrupacións máis festivas de Galicia e coñecida pola súa explosiva mestura de ritmos populares, punk brass e interacción co público. Desde as 20.30 horas na praza da Constitución.

Unhas celebración que arrancarán o sábado 14 de febreiro co Entroido Infantil e Xuvenil a partir das 16.00 horas con “Un Mar de Xogos” de Bico de Toupa e diferentes obradoiros na Alameda de Castelao. A música correrá a cargo do grupo The Turre´s Band cun animado pasarrúas polo centro da vila desde as 18.00 horas. A partir das 21.30 horas chegará o concerto da orquestra “La Fórmula”, que estreará en Redondela o seu novo espectáculo para esta temporada.

O domingo de Entroido contará co tradicional desfile de comparsas a partir das seis da tarde precedidas polo pasarrúas de Tío Emilio.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará