Hoxe é Xoves 12 de Febreiro de 2026
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Corte de tráfico nos Valos para reclamar o arranxo da EP-2702

ep2702

A veciñanza afectada polo mal estado da estrada que comunica Os Valos coa parroquia de Amoedo volveron onte á rúa para exixir o arranxo dunha vía en moi mal estado, chea de fochancas e sen bairarrúas nin beiravía. Un vial cheo de curvas no que se suceden os accidentes sen que se acometa o seu arranxo malia o compromiso da Deputación.

Unhas obras que continúan sen ter data de inicio e que leva aos veciños e veciñas a manifestarse periodicamente con cortes na estada para visibilizar uns problemas que temen non se lles vaia dar solución ata “que ocorra unha desgraza”.

Os incidentes, con rebentóns de rodas e danos aos vehículos, ou pequenas colisión son recorrentes pero aseguran que calquera día pode producirse un sinistro de maior envergadura tendo en conta o estreito da calzada e o seu uso continuado por parte non só da veciñanza senón tamén polos camións que se dirixen cara o polígono de Pazos.

Unha mobilización que explican “faise pola seguridade de todas as persoas que transitan a diario por esta estrada” e anuncian que seguirán na loita ata que a Deputación acometa o arranxo da vía.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará