Hoxe é Mércores 11 de Febreiro de 2026
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Redondela contará con servizo de taxi as 24 horas

taxi

O sector do taxi garante a cobertura os 365 días do ano na totalidade do territorio de Redondela. Cunha frota total de 56 vehículos atenderán as chamadas tanto dos centros urbanos de Redondela e Chapela como das parroquias. O servizo estará dispoñible as 24 horas no teléfono de Radio Taxi 986 68 68 68. A medida foi acordada entre os representantes do sector e o Concello “unha colaboración público-privada fundamental para garantir un transporte de calidade nun municipio tan disperso como o noso” en palabras de Digna Rivas.

Este acordo busca dar resposta ás demandas históricas de mobilidade da veciñanza, asegurando que calquera persoa poida dispoñer dun taxi en calquera momento, independentemente do punto do municipio onde se atope. Para acadar este obxectivo, os 56 taxistas que operan no Concello coordinarán as súas quendas para cubrir as franxas nocturnas e os festivos, reforzando así a seguridade e a conectividade local.

Pola súa banda, o Goberno local asumiu o compromiso de levar a pleno a actualización das taxas do servizo. Esta revisión tarifaria é unha das reivindicacións do sector para facer fronte ao incremento do IPC e garantir a viabilidade económica da frota, que non viu actualizados os seus prezos nos últimos anos.

Dende o Concello de Redondela valorouse moi positivamente a “vontade de diálogo e o esforzo profesional” dos 56 taxistas que compoñen o servizo. A alcaldesa, Digna Rivas, salientou que esta colaboración público-privada é “fundamental para garantir un transporte de calidade nun municipio tan disperso como o noso”, lembrando que iniciativas previas como o transporte escolar en taxi para os institutos xa demostraron o éxito deste modelo de traballo. Con esta medida, Redondela sitúase á vangarda na xestión do transporte público local.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará