Hoxe é Mércores 11 de Febreiro de 2026
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Pingueiras e filtracións dificultan as clases no Conservatorio de Redondela

conservatorio 1

Os populares veñen de denunciar o mal estado no que se atopa o conservatorio de música, que sufre numerosas pingueiras, filtracións e entrada de importantes cantidades de auga nestas xornadas de choiva polo mal estado da cuberta. A situación, explican “vese agravada por outros problemas, como afundimentos, humidades ou falta de sistemas de prevención actualizados”.

O conservatorio de música –primeiro de titularidade pública recoñecido pola Unesco– ten que tratar de conter a entrada de auga destes días con cubos e outros recipientes espalladas por distintas áreas e aulas, dificultando o desenvolvemento da tarefa formativa.

Ademais, este edificio, moi antigo e que precisa da súa substitución por un novo, tamén presenta un importante afundimento na sala de audición, que ademais está acordoado de xeito irregular por unhas cadeiras. Os populares enumeran diferentes danos no inmoble situado nas antigas escolas de Redondela e que presenta “humidades no teito, un sistema antilumes sen revisar desde o ano 2022 e incluso o oco dun enchufe que ardeu a principios de ano e que está simplemente protexido por unha rexiña, o que pode ser un risco ante a entrada de auga que padece o edificio”.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará