O día 11 de febreiro é unha data sinalada no calendario por ser o día no que se denuncia o silenciamento do papel das mulleres na ciencia. Unha conmemoración que se instaurou no ano 2016 e que tamén chega aos centros educativos que reivindican así a necesidade de visibilizar e dar referentes ás nenas para fomentar a súa vocación científica. Nas aulas do instituto de Chapela na xornada de hoxe proxectarase o vídeo “O efecto Matilda” dobrado ao galego por Alba Vallejo, alumna do centro.
O Efecto Matilda sinala a inxustiza que ten ignorado de xeito sistemático os achádegos das científicas ao longo da historia, mulleres que caeron no esquecemento e que fan pensar ás nenas que a “ciencia é cousa de homes”. De feito, só un 28% das prazas nas carreiras científicas son ocupadas por mulleres e a súa presenza nos libros de texto e practicamente residual.
O vídeo “No more Matildas” denuncia este feito e durante a mañá de hoxe será proxectados nas aulas do IES de Chapela. Aldán Santamaría é responsable do equipo de normalización do centro.
Unha actividade enmarcada na Semana da ciencia en galego que inclúe unha intensa programación de charlas que arrancaron xa a semana pasada coa conferencia “Cosmética natural galega”. Hoxe o alumnado do centro achegarase a un tema de tanta actualidade e que tanta expectación está a crear como é “A eclipse solar total de 2026”, unha proposta a cargo de Manuel Andrade Baliño dirixida ao alumnado de 3º e 4º ESO.
O ciclo pecharase mañá xoves con “IA deconstruída e reconstruída: un xogo de esencias” de Manuel Vilares.









