A Biblioteca Xela Arias celebra o vindeiro luns día 17 ás 18:30 horas unha actividade de contacontos enmarcada dentro das celebración do entroido. Unha proposta que é posible grazas á participación da veciñanza. Serán Lía e Beatriz as encargadas de achegar aos cativos e cativas historias vinculadas con estas datas a partir de personaxes moi ben caracterizados.
Unha proposta pensada para nenos e nenas a partir de 3 anos aos que se convida a asistir disfrazados. As prazas son limitadas polo que é preciso inscrición previa na propia biblioteca Xela Arias, no teléfono 986-454-226 ou a través do correo electrónico bibliotecachapela@redondela.gal.









