Partido na División de Honra Prata Feminina marcado pola igualdade no que os dous equipos estiveron á par durante a primeira metade, pero que as mozas da Sar foron quen de decantar a favor do equipo redondelán.
Valladolid 24-30 SAR
Intercambio de goles e alternancia no electrónico chegándose ao descanso cunha vantaxe mínima por parte do Hand Vall Valladolid, que gañaba por 13-12 ao equipo redondelá.
Trala reanudación as vallisoletanas regresaron con máis forza facéndose co marcador e marcando unha renda a favor de tres goles. Con todo, as da SAR sacaron forzas e lograron igualar o partido. O tramo final foi espectacular, con gran precisión tanto en ataque como en defensa que permitiu á Sar facerse coa vitoria nun partido que rematou co resultado de 24-30.









