TERCEIRA DIVISIÓN FÚTBOL SALA
Sala Ourense 3-6 CDPazos
Vitoria do primeiro equipo da Sociedade Deportiva Pazos na súa visita a Ourense.
Importantísimos tres puntos para os vermellos tras vencer 3-6 ao Sala Ourense nun partido que se decantou do lado dos visitantes nos últimos minutos. Goles de Martin, Diego, Jacobo, Costas e Eloy que permiten ao equipo manterse nos postos medios da táboa na Terceira División do Fútbol Sala.
A vindeira semana xogan na casa, reciben ao Club Ribeira Futbol Sala (3º) , noutro difícil e importante encontro se queren seguir escalando postos.
Redondela FS 3-6 Bueu
Na mesma categoría milita o Redondela que malia ter o favor do público non foi quen de imporse ao Bueu. Na décimo segunda praza do grupo, reciben na vindeira semana a un rival directo, o Korreo Guitiriz, situado un posto por baixo dos redondeláns e empatados a puntos.
PREFERENTE FS
Na preferente tivemos tamén dous encontros. Por unha banda un derby entre o Campito Chapela e o Redondela FS “B” que rematou co resultado de 2-4 .
O Pazos B caía por 4-2 ante o Pizarrras los tres cuñados.









