Un axente da Policía Local resultou ferido cun corte nunha man durante a detención dun home que previamente tentar reter unha moza no centro da vila. O detido, que mostrou unha actitude violenta, enfróntase a cargos por un presunto delito de atentado contra a autoridade.
Os feitos, segundo información da Policía Local, producíronse pasadas ás 20:30 horas de noite do venres no centro da vila. Os axentes trasladáronse ao lugar logo de seren alertados da presenza dun varón que tentara reter unha rapaza sen o seu consentimento. A moza conseguiu zafarse do varón e abandonou o lugar.
Coa descrición achegada, a patrulla logrou localizar ao varón quen se resistiu e ameazou aos axentes. Finalmente foi preciso solicitar apoio para proceder a súa detención. No forcexeo un dos axentes resultou ferido tras cortarse nunha man cun vaso de cristal que o detido lanzara ao chan.
O policía ferido foi trasladado e intervido no Hospital Álvaro Cunqueiro. O detido, con domicilio en Ourense, foi tamén atendido no centro de saúde e trasladado posteriormente a Comisaría da Policía Nacional, onde golpeou un coche policial. Enfróntase a cargos por un presunto delito de atentado contra axentes da autoridade, por ameazar e tentar agredir aos policías.









