Hoxe é Venres 6 de Febreiro de 2026
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O PP de Redondela alerta do ‘caos circulatorio’ e esixe a Rivas medidas urxentes en materia de mobilidade

image-2

O grupo municipal do PP de Redondela vén de criticar o “tremendo caos” de tráfico rexistrado esta mañá na vila con atascos quilométricos no horario de entrada dos colexios. Explican que a incidencia foi consecuencia dunha pequena inundación dun dos accesos pero responsabilizan da situación ao goberno de Digna Rivas “pola falta total de planificación e alternativas de circulación”. Os populares reclaman “accións urxentes en materia de mobilidade ante o risco de que esta situación se repita”.

O voceiro municipal, Javier Bas, salientou que a localidade leva alo menos un par de anos cronificando o problema de circulación “cun tráfico cada vez máis denso que fai que os movementos polo casco urbano sexan cada vez máis insufribles e que poida haber colapsos a calquera hora do día” por mor da política indiscriminada de peche de rúas e os recurtes nos carrís dos viais sen que se artellen solucións para os máis de 24.000 vehículos do concello e os que proceden doutros termos.

Así, concretou que as retencións máis frecuentes, ademais de nos principais accesos, prodúcense na chamada estrada do Muro alcanzando ata o tanatorio, no centro da vila na contorna da Farola afectando ao vial cara Pazos de Borbén o una baixada cara o Concello e no Scalextric provocando problemas nas nacionais

En todo caso, o concelleiro do PP advertíu de que “o sufrido esta mañá foi esperpéntico, xa que, ante un mínimo problema, estouparon todos os problemas de tráfico que se foron larvando durante estes anos, porque non é admisible que sexa máis difícil entrar na nosa vila que nunha cidade como Vigo”.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará