Hoxe é Xoves 5 de Febreiro de 2026
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O BNG reclama a Rivas a creación da “tarxeta social”

servizos sociais

Acusa á alcaldesa de utilizar este recurso para chantaxear ao BNG cando “na presentación dos orzamentos do pasado ano afirmou que de non aprobarse o orzamento non se podería crear esta tarxeta social”. Malia a súa aprobación a día de hoxe este recurso segue sen estar operativo.

O voceiro do BNG, Xoán Carlos González afirma que “só un goberno irresponsábel pode empregar a creación deste instrumento dos servizos sociais como chantaxe” en referencia ao acontecido durante a presentación dos orzamentos do ano 2025, “cando o equipo de goberno afirmou que de non aprobarse o presuposto non se podería crear esta tarxeta social”.

Malia que os orzamentos saíron adiante “o goberno de Rivas non puxo en marcha este recurso que anunciaron como grande novidade”. Un feito que en palabras do voceiro nacionalista ven demostrar “que nunca foi vontade do goberno municipal a creación desta tarxeta, só a empregaron como arma arroxadiza”.

Insta tamén ao goberno local a dar “un cambio de rumbo na área de servizos sociais, que tanto PP como PSOE xa demostraron que non lles interesa”. Afirma que “compre desenvolver políticas pensadas por e para as necesidades dos veciños e veciñas, lonxe dos egos persoais e devolver os servizos sociais a lugar que ocuparon, referentes en Galiza”.

Alertan ademais dende o BNG que uns cinco mil veciños e veciñas poderían atoparse en situación de risco de exclusión social se atendemos aos últimos informes de entidades independente que falan de que en Galicia ata un 20% da poboación podería atoparse nesta situación tan vulnerable.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará