Os campionatos da tempada 2026 na patinaxe artística deron comezo este mes de febreiro coa coa celebración en Ourense do Campionato de Preseleccións Provinciais Libre Cadete-Sénior. Alí estiveron presentes os clubs Bolboreta e Arealonga con resultados destacados.
O Club de Patinaxe Artística Bolboreta conseguiu dous ouros: Na categoría cadete, Naia Buján proclamouse campioa provincial ao lograr a primeira posición, mentres que Judith Aira rematou nunha meritoria décima praza. Na categoría xuvenil, Luna Regueiro tamén se fixo co primeiro posto. O club mostrouse moi orgulloso do traballo, a constancia e a ilusión das súas deportistas neste arranque da tempada. Naia Buján e Luna Regueiro darán o salto á categoría nacional este 2026, mentres que Judith Aira competirá en categoría rexional.
O Club de Patinaxe Artísitca Arealonga contou con dúas patinadoras na clasificación cadete feminino. Por unha banda, Celia Sousa acadou a terceira posición e Natalia Fernandez rematou na cuarta posición, o que as sitúa a ambas na categoría nacional na modalidade de libre individual.











