Hoxe é Mércores 4 de Febreiro de 2026
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Moscoso ou Moscoxo?

moscoso

Debate en Pazos de Borbén logo de que se tivera constancia dun posible cambio de denominación no nome da parroquia de Pazos. O alcalde, Luciano Otero, trasladou á asociación de veciños as xestións que se están a realizar ante a Secretaría Xeral da Lingua co obxectivo de coñecer as razón técnicas, lingüísticas e históricas que motivan a proposta de cambio de Moscoso por Moscoxo.

O alcalde do Concello de Pazos e o concelleiro Iván Martínez mantiveron un encontro coa Asociación de Veciños e Veciñas de Moscoso para abordar o proceso de modificación da denominación oficial da parroquia, no marco da revisión do Nomenclátor de Galicia. Durante a reunión, o rexedor municipal trasladou a veciñanza de que hai solicitado un informe completo á Secretaría Xeral da Lingua co obxectivo de coñecer as razóns técnicas, lingüísticas e históricas que motivan a proposta de cambio de Moscoso por Moscoxo. Paralelamente, Martínez está a realizar xestións ante este organismo para interesarse polos criterios empregados nesta proposta.

Desde a Alcaldía subliñan que o Concello “está ao lado da veciñanza de Moscoso, mantendo unha actitude de diálogo e escoita activa, e defendendo os seus intereses ao longo de todo o proceso”. Adiantou que se trasladará á cidadanía toda a información dispoñible en canto se coñezan os detalles do informe solicitado, garantindo transparencia e rigor informativo.

Desde a Alcaldía subliñan, e que o Concello está ao lado da veciñanza de Moscoso, mantendo unha actitude de diálogo e escoita activa, e defendendo os seus intereses ao longo de todo o proceso. Adiantou que se trasladará á cidadanía toda a información dispoñible en canto se coñezan os detalles do informe solicitado, garantindo transparencia e rigor informativo.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará