Hoxe é Mércores 4 de Febreiro de 2026
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

CD Soutomaior inicia a segunda volta na zona alta e soña con volver a Primeira

619899763_18165804583399693_7899177582504640903_n

O CD Soutomaior inicia a segunda volta da liga na Segunda cunha posición alta e cunha ilusión renovada tras unha primeira volta marcada pola recuperación progresiva.

O equipo sitúase cuarto na clasificación, dentro da zona de promoción de ascenso, despois dunha tempada na que descendían da Primeira o curso anterior. “O balance é un pouco estraño que facer, porque somos un equipo que descendemos o ano pasado de Primeira Rexional, e o obxectivo que se marcou un pouco foi continuar co mesmo bloque de xogadores”, explica o Presidente David Padín, quen recoñece que o comezo foi complicado debido a múltiples baixas e unha lesión grave. “Conforme fomos recuperando xente, empezamos a xuntar o equipo máis ou menos base que temos, e aí empezamos a sacar bos resultados”.

O presidente destacou o factor psicolóxico como clave na mellora: “O fútbol non deixa de ser un estado de ánimo. Cando tes unha dinámica de empezar a encadear dúas ou tres vitorias seguidas, parece que a moral sube, e as cousas que antes non saían, agora saen a favor”.

A clasificación está moi igualada os equipos en zona de promoción teñen unha diferenza de dous puntos, polo que vai haber unha pelexa entre a metade superior da táboa bastante axustada. Un dos partidos máis recentes e representativos do Soutomaior foi a vitoria por 2-3 como visitantes ante o Atlético Faxilde, un conxunto sólido. Respecto ao golaverage particular, Padín considera que será decisivo dada a igualdade: “os enfrontamentos directos penso que vai ser unha das claves para poder acabar en posición alta”.

O próximo desafío é recibir ao Xuventude Sanxenxo, un histórico actualmente na parte baixa da táboa pero que vén de sumar resultados positivos. “Penso que está reforzado e que non vai ser un rival fácil”, advertiu Padín. Ademais, destacou que a necesidade de puntos dos equipos de abaixo pode facelos máis perigosos: “cando estás apertado, case todo vale, e cando alguén xoga con esa ansia de gañar, normalmente ponse máis difícil”.

A estrutura do club mantense sólida grazas a un adestrador moi comprometido como Abel Lomba, quen chega dende O Rosal e rexeitou outras ofertas por quedar: “Buscabamos un adestrador con experiencia  e houbo moi boa sintonía”, explica Padín, exxogador e presidente desde hai 14 anos, salientando tamén o traballo da directiva e o crecemento da base. Este ano superan as 250 licencias, cunha filosofía de formación en valores como sacrificio, compromiso e compañeirismo.

O CD Soutomaior aspira a manter a dinámica positiva, aproveitar o factor campo e pelexar polo ascenso. “Vamos a seguir loitando”, concluíu David. O obxectivo está claro: loitar ata o final por volver á categoría perdida e consolidar o proxecto deportivo do club.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará