Hoxe é Martes 3 de Febreiro de 2026
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O museo virtual de Monte Penide reactívase afondando na súa labor divulgativa

mamoadorei

A páxina web “Monte Penide, unha viaxe no tempo” busca dar a coñecer o lugar de Monte Penide, tamén chamado Monte Mirallo, que atesoura unha serie de xacementos arqueolóxicos representativos de 4.000 anos de prehistoria. Este museo virtual describe diferentes rutas que facilitan achegármonos aos túmulos, aos petróglifos, ao castro dos Negros e un percorrido que recolle os elementos de maior interese das tres rutas.

O Museo Virtual de Monte Penide Prehistórico está xa operativo logo de varios anos sen funcionar. A web, iniciativa da Asociación Cultural Alén Nós, está promovida polo Concello de Redondela e cofinanciada con fondos da Axencia galega de Desenvolvemento Rural (AGADER) e permite coñecer o lugar de Monte Penide que atesoura no seu interior importantes xacementos arqueolóxicos representativos de, nada menos que, 4.000 anos de prehistoria. Dar a coñecer e preservar este patrimonio é o obxectivo fundamental desta iniciativa.

A creación dun Museo, neste caso virtual, xorde como unha necesidade imperante ante a destrución lenta e continuada do Patrimonio, tanto cultural como natural, deste contorno xeográfico. Moita da veciñanza que habita nas inmediacións destes xacementos convive con eles sen sabelo, polo que a súa conduta de agresión cara ao patrimonio efectúase por simple descoñecemento. Para paliar esta situación deben planearse actuacións que conciencien as poboacións locais sobre as potencialidades de desenvolvemento que encerra o seu patrimonio.

Na web podemos atopar toda a información arqueolóxica existente en Monte Penide o que facilitará que poidamos visitar os xacementos a través das rutas e sendas localizadas no lugar. Tamén hai pequenos vídeos explicativos sobre este espazo.

Na propia páxina propóñense diferentes rutas temáticas segundo o apartado da prehistoria que se queira coñecer de Monte Penide. Unha ruta para ver mámoas, outra para petróglifos e outra para castrexo. Tamén hai a posibilidade de seguir unha ruta para un percorrido longo e completo de toda a arqueoloxía de Penide. As rutas estarán apoiadas por unha sinxela sinaléctica “in situ” e unha guía impresa, pero o soporte básico para a difusión pretendida é este “Centro de Interpretación Virtual”.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará