Hoxe é Xoves 29 de Xaneiro de 2026
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O CAR suma bronce con Guilherme Vicente Vaz e chocolate con Mar Vázquez

622865008_18015268487810669_133786006268572127_n

O Club de Atletismo de Redondela (CAR) continúa a demostrar unha gran saúde deportiva. Durante o pasado fin de semana, os seus atletas destacaron en tres competicións galegas de relevancia: o Campionato Galego Sub23 en pista cuberta, o Campionato Galego de Campo a Través para categorías base (sub10, sub12 e sub14) e o Campionato Xunta de Galicia Máster.

No Campionato Galego Sub23 de Pista Curta, celebrado en Expourense , dous atletas do club representaron con gran entrega ao CAR. Guilherme Vicente Vaz logrou unha destacada medalla de bronce na proba de salto de altura, mentres que tamén competiu no salto de lonxitude, mostrando unha notable progresión. Pola súa banda, Andrés Corugeira Ligero participou nas probas de velocidade de 60 metros e 200 metros, cunha boa actuación que reflicte o seu traballo constante. O club salienta especialmente o labor do adestrador Javi Besada cuxa guía resulta fundamental no desenvolvemento técnico e persoal destes deportistas.

No XXIX Memorial Alejandro Lorenzo – Campionato Galego de Campo a Través sub10, sub12 e sub14, disputado en Ribadavia sobre distancias de 1000 m (sub10), 1500 m (sub12) e 2000 m (sub14), varios atletas das categorías menores do CAR tomaron parte. Os resultados foron os seguintes:

  • 13° Gael Sacristán Manuel, sub10 
  • 32° Xandre Santos Fernández, sub10 
  • 17° Sabela Muiños Orge, sub12 
  • 45° Carmela Santos Fernández, sub14 
  • 27° Héctor Carrera Castro, sub14 
  • 28° Adrián Sacristán Manuel, sub14 
  • 48° Valeria Losada Bini, sub14 
  • 53° Xoán Muiños Orge, sub14

Finalmente, no XXXIX Campionato Xunta de Galicia de Campo a Través Máster – IV Cross Vila de Rivadavia, sobre 5000 m, os atletas máster do club acadaron resultados moi salientables:

  • Mar Vázquez: 4ª posición na categoría máster 60.
  • Antón Amoedo: 5ª posición na categoría máster 55.
  • Andrés Fervenza: 6ª posición na categoría máster 55.
  • Vicent Hernández: 21ª posición na categoría máster 50.

Unha fin de semana intensa que da comezo ás competicións oficiais este ano 2026.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará