Hoxe é Mércores 28 de Xaneiro de 2026
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Os centros culturais únense contra a suba dun 250% da taxa do lixo

centro cultural

Un grupo de centros culturais das diferentes parroquias de Redondela reclaman ao pleno do concello -a través dunha moción que se debaterá este xoves- que se rebaixe a taxa de residuos que se lles están a reclamar. Explican que este imposto supera os 327 euros anuais como consecuencia de ter clasificado estas entidades como “cafeterías e similares” o que supón a aplicación da taxas íntegra pola recollida, transporte e tratamento de residuos. Aseguran que a suba respecto a anos previos é do 250%. Reclaman que se lles aplique a bonificación máxima permitida por lei e, a ser posible, a exención total atendendo a súa función social e cultural.


Nos últimos meses, explican na moción os centros culturais asinantes, varios centros culturais están a ser clasificados a efectos tributarios como establecementos de hostalaría, o que supón unha subida desproporcionada da taxa de residuos, sen ter en conta a realidade das actividades que se desenvolven, a súa natureza cultural e social, nin a menor frecuencia do servizo de recollida de residuos nas parroquias. Esta situación xera unha carga económica difícil de asumir para entidades que funcionan grazas ao traballo desinteresado das súas directivas e ao compromiso da veciñanza.
Desde os centros culturais fan un chamamento ao diálogo, á responsabilidade institucional e á procura de solucións compartidas que permitan compatibilizar o cumprimento da normativa coa protección do tecido asociativo e cultural do municipio. A moción presentada propón distintas vías para avanzar cara a unha solución xusta e proporcional á taxa de residuos, recoñecendo a función social, educativa e cultural destes espazos e garantindo a súa sustentabilidade.
Reclaman que se lles a bonificación máxima permitida por lei ou a exención total para os centros culturais “recoñecendo a sáu función social e cultural a prol da comunidade” e que se proceda á revisión e modificación de oficio das liquidación e recibos xa emitidos no exercicio do 2005 pro ser froito “dunha clasificación errónee” articulando o procedemento administrativo de devolución de ingresos indebidos a aqueles centros que xa fixeran o pago.
As asociacións promotoras confían en que os grupos políticos municipais asuman esta iniciativa de maneira conxunta, “como mostra de apoio ás parroquias e ao movemento asociativo que, desde hai décadas, contribúe de forma decisiva á cohesión social, á dinamización cultural e á vida comunitaria de Redondela”.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará