Atención psicolóxica e asesoramento xurídico foron os servizos máis demandados polas usuarias do Centro de Información ás mulleres no Multiúsos de Arcade. Tamén se prestou atención en 43 casos de violencia de xénero.
As consultas realizadas ao longo do pasado ano, segundo a memoria de actividades do CIM centráronse no asesoramento xurídico (146), atención psicolóxica (356) , atención a vítimas de violencia de xénero (43), e 273 Información de outros recursos de conciliación e outras actividades de igualdade. Tamén se prestou atención a unha vítima de violencia intraxénero.
Uns datos dos que informaron a concelleira de Igualdade, Rosana Martínez Boullosa, a psicóloga e directora do CIM, Cristina González, a avogada do CIM, Clara Eugenia Rodríguez e Margarita Taboada, Técnica de Igualdade. Ademais das consultas, realizáronse solicitude das axudas a todas aquelas mulleres que o demandaron, coma a prestación de pago periódico para vítimas de violencia de xénero ( 4 solicitudes) ou as estadías de tempo libre. Tamén se tramitaron 9 novas solicitudes de servizo de acompañamento telefónico ATENPRO, para vítimas de violencia de xénero.
Outras actividades desenvolvida polo CIM son os obradoiros do Espazo Autocoidado, un total de seis centrados no Apoderamento Corporal, Mindfullness, Arteterapia, Solo Pelviano Biodanza e igualdade afectivo-sexual nos que 85 mulleres.
A programación desenvolvida dende este departamento engloba tamén os campamentos de conciliación coa participación de 166 nenos e nenas e as actividades especificas para conmemorar as datas do 8 de marzo e o 25 de Novembro, días internacionais da muller e contra a eliminación da violencia machista, respectivamente.
Ademais, realizáronse unhas 51 actividades dentro da programación anual de Igualdade, entre as que destacan actividades como Eira de actualidade, a inauguración do programa FEDELLANDO, con actividades artísticas e artesanais e a edición XVII do Encontro anual de mulleres do Concello de Soutomaior e a segunda edición da A ORGHULLOSA, 2ª festa das identidades diversas e disidente.









