A S de Sostibilidade recoñece as boas prácticas aliñadas cos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible e a xestión responsable do destino.
A Deputación de Pontevedra recolleu en Madrid o certificado S de Sostibilidade para o Castelo de Soutomaior, que se converte na primeira fortaleza de Galicia en acadalo. O deputado provincial Ricardo Martínez, xunto coa directora de Turismo, Romina Fernández, foi o encargado de recoller este distintivo que sitúa, ademais, ao recinto como o segundo museo galego en recibir este certificado, tras conseguilo anteriormente o Museo de Pontevedra, ámbolos dous xestionados pola Deputación.
A S de Sostibilidade recoñece as boas prácticas aliñadas cos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible e a xestión responsable do destino.









