Hoxe é Venres 23 de Xaneiro de 2026
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Redondela pon en valor en Fitur o seu patrimonio natural e histórico

fitur si

O Concello de Redondela está presente en Fitur, un dos grandes escaparates mundiais no sector turístico, da man de Galicia Suroeste e da súa campaña “Única” que busca reivindicar a singularidade, diversidade e autenticidade deste territorio situado entre o Suído, o Miño e o Atlántico. A alcaldesa de Redondela, Digna Rivas, e a concelleira de Cultura e Turismo, Rita Pérez Táboas estiveron onte na feira en Madrid para dar a coñecer unha oferta “baseada nun turismo de calidade e sostible”.


Redondela forma parte da nova campaña turística “Única”, unha proposta que reivindica a singularidade deste territorio de Galicia con identidade propia e cun patrimonio natural e cultural excepcional o que lle permite contar cunha oferta turística que aposta pola calidade, a sustentabilidade e a experiencia auténtica. A campaña ‘Única’ é unha chamada a descubrir un destino que non se parece a ningún outro, onde cada visitante pode atopar unha experiencia persoal, próxima e inesquecible: natureza, patrimonio, gastronomía, cultura e tradicións.


Redondela comparte este xeodestino de Galicia Sur cos concellos de Gondomar, Nigrán, Mos, Tui, Soutomaior, Tomiño, Pazos de Borbén, Fornelos de Montes, O Porriño, O Rosal, A Guarda. Baiona e Oia.
En canto a oferta turística do Concello, as representantes municipais puxeron en valor xoias como a illa de San Simón, declarada “Lugar de Memoria Democrática”. Esta paraxe, que suma patrimonio natural e patrimonio histórico, atesoura un pasado digno de ser coñecido, xa que foi empregada como mosteiro, lazareto, campo de concentración e fogar para orfos. A intención é “poñer en valor o patrimonio natural, paisaxístico e histórico do municipio a través do turismo”, sinala a alcaldesa Digna Rivas.


Rivas destacou experiencias “únicas” que poden vivirse no municipio redondelán como kaiak pola enseada de San Simón, visitasr o cemiterio dos Eidos ou xoias admirar arquitectónicas do século XIX como son os viadutos de Madrid e de Pontevedra así como as súas celebracións máis salientables como a Festa da Coca e as ancestrais danzas das Penlas e as Espadas, a Festa do Choco ou o Festival Internacional de Títeres, ademais dunha ampla e variada programación cultural.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará