Hoxe é Xoves 22 de Xaneiro de 2026
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Cursos de memoria, taichí e baile para maiores

taichi si

No mes de febreiro comezan os programas para maiores de 55 anos “Equilibrio Vital”, “Memoria Viva” e o de baile “Ritmo Vital”. As clases de baile, que se impartirán nos pavillóns de Redondela e Chapela, son a novidade deste curso, e súmanse aos obradoiros de memoria e as clases de Tai Chi que se imparten desde hai anos. As persoas interesadas poden facer a súa reserva no Concello de Redondela do 22 ao 30 de xaneiro, ambos incluídos.
Estas actividades, que organiza a concellería de Maiores que dirixe Iria Vilaboa, impartiranse en 16 emprazamentos diferentes por todas as parroquias co obxecto de chegar a toda a poboación sen ter que desprazarse. Todas as actividades son de balde, para que todas as persoas o que o desexen poida asistir, independentemente da súa situación económica. Os obradoiros teñen como obxectivo previr o deterioro físico e cognitivo das persoas maiores e mellorar a súa calidade de vida.
As clases de “Memoria Viva” celebraranse en 16 emprazamentos: Multiúsos Redondela, Multiúsos Chapela, A.VV. Soutoxuste – O Eixo, Escola Vella Saxamonde, CC Vilar, CC Quintela, CC Cidadelle, CC Cedeira, CCD Cesantes, CC Ventosela – Miñoteira, A.VV. Chapela, ADC Rande, CC Sto Estevo, CC Cabeiro, CC Saramagoso, SLC Reboreda.
Os cursos de Tai Chi “Equilibrio Vital” serán en: Pavillón A Marisma- Redondela, Pavillón González Soto- Chapela, Escola Vella Saxamonde, CC Quintela, CC Cedeira, CCR Chapela, SLC Reboreda, CC Ventosela (Miñoteira), CC Saramagoso, CC Cabeiro, CC Sto Estevo, CCD Cesantes, CC Vilar. As clases de baile “Ritmo Vital” serán nos pavillóns de Redondela e Chapela.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará