Hoxe é Xoves 22 de Xaneiro de 2026
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

A redondelá Ara Ro nominada aos “Goya das viaxes” polo seu blog “Esto no es lo que pareze”

IMG_9395 3


Veciña de Redondela afincada en Madrid, Ara Ro é a responsable xunto coa súa parella Víctor, do blog “Esto no es lo que pareze” no que atopamos rutas detalladas, roadtrips e itinerarios pensados para xente que dispón dun mes de vacacións e quere sacarlle o máximo proveito ao seu tempo de ocio e aos seus recursos económicos. O blog vén de ser nominado ao premio IATI, coñecido popularmente como os “Goya das viaxes”, como Mellor Blog de Viaxes. O fallo darase a coñecer este venres 23.


Xornalista e creadora de contidos, Ara Ro amosa a súa satistacción logo de coñecerse que o seu traballo, que realiza en colaboración coa súa parella, está entre os 5 blogs nominados a estes premios que recoñecen a excelencia de proxectos especializados en viaxes en formato blog.
Os seus contidos están pensados para viaxeiros que contan cun mes de vacacións e que queren aproveitar ese tempo ao máximo. Así, nesta bitácora online atopamos rutas detalladas e consellos que nos facilitarán organizar as nosas vacacións e exprimir ao máximo o noso orzamento de viaxe.


Ara Ro explica que o que naceu no ano 2013 como un diario de viaxes persoal foi converténdose en algo máis profesional. Nestes anos houbo cambios tamén no seu contido a consecuencia dos cambio na súa vida persoal co nacemento da súa filla.


Recolle “viaxes en familia cando o tempo o permite” que os levaron a lugares tan diversos como Laponia, EEUU ou Australia, entre outros. Vacacións que van contando polo miudo dende os seus preparativos -documentación que precisamos para viaxar, vacinas, recomendacións sanitarias ou que roupa levar- ata unha ruta desglosada día a día para que aproveitemos a visita ao máximo e, como non, información tamén detallada sobre o custe da viaxe.
Insiste tamén en que podemos acceder a visitas moi interesantes cun orzamento axustado “sempre e cando fagamos un traballo previo de búsqueda e con tempo”.


Ara é tamén creadora de “Pasaporte Criminal” un podcast que mestura viaxes e true crime e que foi incluído en distintos rankings de mellores podcast de true crime español.


Este venres coñeceremos se finalmente o blog, que rexistra unhas 60.000 visitas mensuais, se fai co premio IATI ao mellor blog de viaxe.
Más información en https://estonoesloquepareze.com/

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará