Hoxe é Xoves 22 de Xaneiro de 2026
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

A obra “Monstros” abre o VIII Ciclo de Teatro Infantil de Redondela

Monstros-301

Produccións Teatrais Excéntricas é a primeira das compañías que chega a Redondela dentro do VIII edición do ciclo de teatro infantil que ofrece a programación cultural do Concello e que inclúe un total de cinco representancións, dende este 25 de xaneiro ata o 12 de abril. Todas as actuacións terán lugar no Multiúsos da Xunqueira ás 18:00 horas a un prezo de 3 euros.
A obra Monstros Monstros a cargo dos actores Rocío González, Víctor Mosqueira, Piti Sanz, Patricia Vázquez baixo a dirección de Marcos Orsi é un espectáculo familiar que reflexiona sobre aquilo que consideramos monstruoso e que por iso nos fai sentir terror. Pero faino dende o humor “porque a risa é o mellor antídoto contra o que nos asusta”. Monstros é o artefafcto divertido que nos conta que aprender a convivir cos nosos medos axúdanos a entendernos a nos mesmos e ás demais persoas. A obra pdoerá verse este domingo 25 no Multiúsos.
A seguinte proposta será xa en febreiro coa compañía Rauxa e Cía e o seu “Teatro de papel”. Un espectáculo de circo contemporáneo que a través de títeres, traballo de clown e teatro físico busca reivindicar o poder da imaxinación que chegará a Redondela o 1 de febreiro.
Cayetano Lledó volve facer parada no noso concello o domingo 1 de marzo con “Un show incríbel”, un espectácuo no que combina maxia, humor e música que levará ao espectador a través dun mundo de fantasí onde o imposible faise reaalidade.
A cita do 15 de marzo será cos “Contos do Lobicán” de Redrum Teatro, un espectáculo de monicreques musical, en verso, áxil e atrevido, destinado a nenos e nenas de entre 3 e 8 anos, que busca darlle a volta aos contos clásicos ao tempo que transmite unha mensaxe educativa e valores universais como a amizade, a cooperación, o respecto pola natureza, o pensamento crítico e a importancia da imaxinación.
Pechará o ciclo a obra “Os fabulosos Cleaners”que representará a compañía Malasombra o 12 de abril. Unha obra que conta a historia de dous operarios de limpeza dun teatro que por casualidade descobren as infinitas posiblidades creativas que agochan as súas ferramentas de traballo cando se mesturan con auga e xabón.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará