Hoxe é Xoves 22 de Xaneiro de 2026
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Taller emocional para familias no Multiúsos da Xunqueira

taller emocional

O Multiúsos da Xunqueira acolle este mércores 21 dende as 17:00 e ata as 19:00 horas un taller emocional impartido por NIko Míguez. O obxectivo da actividade é traballar a intelixencia emocional, saber recoñecer e xestionar as emocións e favorecer a comunicación. Unha actividade pensada especialmente para as familias.
Coaching especialista en intelixencia emocional, NIko Mïguez é o encargado desta actividades pensada para traballar dun xeito práctico as relacións familiares co obxecto de favorecer a conexión entre os seus integrantes. O taller arrancará cunha breve formación teórica que dará paso a unha sesión máis dinámica a través de exercicios que permitirán aos participantes conectar emocionalmente.


Aprender a xestionar as emocións nos beneficiará na nosa relación cos demais, favorecendo tamén a convivvencia no seo da familia. Explica tamén Míguez que iso se traduce nunha mellor saúde mental pero tamén física porque a mala xestión dos sentimentos pode derivar en diferentes enfermidadesfísicas.

Con entrada de balde, o taller funciona co sistema de billeteira inversa, é dicir, ao finalizar a actividade os asistentes que o desexen poden facer unha doazón.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará