Foto do arquivo de Patry Rivas/Estación Balonmano
Na xornada once da Primeira Autonómica masculina, o SAR OPmobility visitou a pista do Bueu Atlético BM e resolveu o partido con claridade, cun resultado final de 22-37. Desde o inicio do encontro, o equipo visitante impuxo o seu ritmo de xogo e abriu diferenzas importantes no marcador, chegando ao descanso cun parcial de 8-17. A pesar de cometer varias imprecisións de cara á portería contraria, a vantaxe mantívose sempre segura e foi aumentando progresivamente na segunda metade ata alcanzar o resultado final. Con esta vitoria, o SAR OPmobility pecha a primeira volta da competición na segunda posición da clasificación.
Na mesma categoría, o BM Chapela recibiu no Pavillón Municipal Manuel González Soto ao AD Carballal e logrou a vitoria por 34-28. Os locais dominaron o marcador desde os primeiros minutos, chegando ao descanso cun 15-10 e unha vantaxe aproximada de cinco goles. Na segunda parte, a diferenza seguiu medrando ata o resultado definitivo.
Ambos equipos locais sumaron os dous puntos en xogo e continúan subindo posicións na táboa clasificatoria. Na vindeira xornada, o SAR OPmobility comezará a segunda volta na pista do AD Carballal, mentres que o BM Chapela volverá xogar como local, recibindo ao Lavadores Vigo.









