Hoxe é Xoves 22 de Xaneiro de 2026
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Redondela reclama á Xunta solución aos problemas de “seguridade e precariedade” dos centros educativos

cole chapela si

Imaxe da instalación dunha rede de protección ante o risco de desprementos no CEIP Laredo

O Concello denuncia situacións concretas como o risco de desprendemento no tellado do CEIP Laredo, a falta de calefacción no IES Floriani e CEIP Outeiro das Penas, así como problemas estruturais na fachada, muro e escaleira do CEP Santa Mariña, entre outras deficiencias. A alcaldesa, Digna Rivas, fala de “abandono” por parte da Xunta de Galicia elembra que malia ter solicitado unha xuntanza coa Consellería en novembro para abordar estas deficiencias “aínda non obtivemos resposta”.


Un dos problemas máis graves é a situación da cuberta do CEIP Laredo, en Chapela, que precisa un cambio integral da cuberta “que presenta un grave risco de desprendemento”. Ante a deixadez da Consellería, en xaneiro de 2025 o Concello instalou un valado perimetral e unha rede “para evitar situacións de perigo”. Pasado un ano “seguimos á espera de que a Xunta poña data para a reforma integral da cuberta”, advirte Rivas. O CEIP Alexandre Bóveda, no barrio de Angorén, tamén presenta graves problemas debido á súa antigüidade sen que a Consellería teña dado unha solución.


No IES Pedro Floriani a Consellería inaugurou este curso a ampliación do centro con novas aulas que presentan “serias deficiencias”. A máis preocupante é a falta de calefacción “o que provoca que alumnado e profesorado estean a pasar moito frío, o que resulta inadmisible nunhas instalacións novas”. Outra das deficiencias é a falta de internet na zona da ampliación, e teñen pingueiras no pavillón. Tamén o CEIP Outeiro das Penas, en Cesantes, ten deficiencias na calefacción, e os CEIP de Quintela e Cedeira padecen problemas de dficiencia enerxética “que debe asumir a Xunta de Galicia”, advirten desde o Concello.
O CEP Santa Mariña sofre problemas estruturais na fachada, o muro e as escaleiras, o que supón un perigo para os centos de nenos e nenas que asisten ao centro.
En xeral todos os centros públicos do municipio presentan algunha deficiencia na súa estrutura e instalacións debido á súa antigüidade, xa que os edificios teñen entre 40 e 50 anos e están obsoletos. Desde o Concello cada ano remítense á Consellería de Educación un listado con estas deficiencias sen obter resposta.

A alcaldesa lembra que é a Xunta de Galicia a única responsable “da construción e reforma integral dos centros”, polo que o Concello esixe “unha solución urxente” aos graves que problemas que padecen. O ensino público é “clave” para garantir a igualdade de oportunidades, e debe contar con recursos dignos para ofrecer unha educación de calidade “a todas e todos”, e a Xunta está a “precarizar e menosprezar” este pilar fundamental da sociedade. Rivas sinala que este municipio é un dos que conta con máis centros públicos de toda a provincia “e a Xunta de Galicia non está a cumprir coas necesidades do alumnado, profesorado e familias”.


Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará