Hoxe é Venres 23 de Xaneiro de 2026
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Derrota na casa para un Choco que asoma aos postos baixos da táboa

arcade

Fin de semana para esquecer no fútbol local, con derrotas para todos os equipos da contorna agás o Arcade que milita en primeira galega e si logrou sumar puntos tras vencer ao Marcón. O resto dos equipos caeron ante os seus respectivos rivais.


Choco 0-2 Arnoia
O Choco sufriu este domingo non campo de Santa Mariña unha nova derrota ante o Arnoia. É xa a súa sexta xornada sen coñecer a vitoria e cae á decimocuarta praza da categoría.
Un erro de Xavi permitiu aos monfortinoss adiantarse no marcador tan só 15 minutos despois do inicio. O equipo visitante sentenciou o partido a dez minutos do final ao marcar Luis o 0-2 cun disparo dende fóra da área.
Na vindeira semana o Choco tentará remotar estes resultados na súa visita ao campo do Valadares, situado na metada da táboa.

Arcade 2-1 Marcón
En primeira galega o Arcade arrancaba a segunda volta cunha vitoria ante o Marcón por 2-1. Un encontro entre dous equipos situados na metade da táboa que permite aos de Soutomaior manterse na sétima posición. Con boas sensacións visitarán na vindeira semana o campo do Caldas.

Soutomaior 2-3 Combarro
Peor lle foron as cousas ao outro equipo da localidade, o Soutomaior que milita na Segunda Fútgal e que caía por 2-3 ante o Combarro.

Cesantes 2-5 Campañó
En Terceira Galicia o Cesantes mediuse esta fin de semana co líder da categoría, o Campañó. Un partido crucial no que os de Cesantes nada puideron facer ante un Campañó que logrou unha victoria que lles permite afianzarse no liderado da categoría. O equipo de Redondela sitúase na terceira posición con 31 puntos, a tres de distancia do Campañó.

Chapela 1-2 A Guía
Tamén en Terceira Galicia pero no Grupo de Vigo, o Chapela caía ante La Guía CF nun partido que rematou co resultado de 1 a 2 a favor dos visitantes. Con todo, os de Chapela mantéñense nunha cómoda sétima posición.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará